inicio restaurante pension reservas localizacion

Dispoñemos de 10 cuartos dobres, 4 con cama de matrimonio e outras 6 con camas xemelgas, equipadas todas elas con baño completo e TV e repartidas nas 2 plantas do noso Hostal.

Especial atención merecen os cuartos dobres con 2 camas, xa que contan cunhas fantásticas vistas ao mar, o Mar de Lira, que fan delas a estanza ideal para relaxarse e gozar.

Non se pode perder na súa visita os innumerables atractivos que lle ofrece esta parte Sur da bisbarra da Costa da Morte, antesala das Rías Baixas e agraciada con paradisíacos areais como a Praia do Mar de Lira, a Praia de Carnota ( a máis grande de Galicia e situada a 1 km do Hostal ), as pequenas calas do Porto de Quilmas ou o fantástico ámbito de San Francisco en Louro.

O Monte Pindo, Olimpo Celta e que parece dominar dende o seu altar o Atlántico, o famoso Hórreo de Carnota, único na súa especie, a Fervenza do Río Xallas en O Ézaro, o Cabo Finisterre, declarado recentemente Patrimonio Europeo... son algúns dos principais reclamos turísticos desta zona, visitada por miles de persoas de calquera recanto do planeta.

A vila de Lira, tipicamente mariñeira e situada no extremo Sur da Bisbarra de A Costa dá Morte, conta con servizos como Restaurantes, Centro Médico, Bares e Cafetarías, Supermercados...

Dende o castro de Os Miñarzos, anterior á época romana, divísase toda a localidade, que descansa no porto de Portocubelo, con lonxa e interesantes proxectos turísticos como Mar de Lira e a Praia do mesmo nome.

A 10 minutos ao Sur temos a preciosa e histórica Vila de Muros e ao norte Finisterre, Patrimonio Europeo e capital turística da bisbarra. As principais cidades como Santiago e A Coruña están a unha hora.

IMAXES

CONSULTA OS NOSOS PREZOS

Inicio | Restaurante | Pensión | Reservas | Localización
Copyright © Hostal Cachiño
deseño por WALDITO